Copia da Carta o Director enviada hoxe O Progreso.
En primeiro lugar, felicidades polo seu especial O Páramo XXX Feiras e Festas de Primavera, publicado o venres 9 de Xuño.
Só un par de puntualizacions, no artigo DO PARAMO PARA O MUNDO, o xornalista fai referencia á web oficial do concello, pero a imaxe da web na barra de navegación de Internet Explorer aparece www.oparamo.tk que é outra web de O Páramo, creada por particulares, persoas de O Páramo, ou vinculadas a el e que traballan a diario para divulgar todo o que nos acontece.
O xornalista, o meu entender, tiña que nomear esta web, desde cuxo enlace accedeu á web do Concello, así como nós nomeamos na nosa web as fontes da nosa información. No referente a que na web do Concello, infórmase puntualmente das novas, gustaríame que o comprobasen vostedes, comparando a web oficial coa nosa web.
Invítolles a navegar por www.oparamo.tk, como fixo o seu xornalista, e xulguen vostedes mesmos e valoren o traballo dunha web oficial cos seus recursos e subvencións, e unha web particular, con traballo altruísta e poucos recursos, pero moita ilusión.
Tamén poden visitar www.aspirino.tk, que é o meu web persoal, un humilde colaborador de www.oparamo.tk e amante dese marabilloso lugar chamado O Páramo.