Aspirino do Páramo desde BCN

http://www.aspirino.tk ***************************** e-mail: aspirino68@yahoo.es **************************

miércoles, abril 23, 2008

Feliz Dia de Sant Jordi (Día del Libro y la Rosa)


sábado, abril 05, 2008

A Semana Santa

Tras a Semana Santa que pasei no Páramo, vin que todo ou casi todo sigue igual no noso Concello, o edificio multiusos sin uso, as obras do corredor Nadela-Sarria, no tramo que discurre por O Páramo, cada vez peor, o tunel sin iluminación, e a estrada, provisional, sin asfalto,chea de buratos, mal señalizada e sen iluminación nocturna, que ca chuvia e o tráfico de vehículos, fai recordar as pistas que tiñamos fai 20 anos. Eu preguntome ¿e que o noso Alcalde non pasa por ela? ¿Como pasan as ambulancias que van a Lugo? en caso dun traslado de un ferido grave, non sei como chegaria. ¿E que non temos dereito a un desvío adecuado, provisional, pero asfaltado e señalizado? Outra cousa que me chamou a atención foron unha especie de cunetas novas de pedra que están facendo na estrada do campo da feira, se non teño mal entendido, esta estrada pertenece a Diputación, ¿porque fai o Concello as obras e non o solicita a Diputación?, ademais o normal sería arreglar o pavimento e despois facer as cunetas.
Pero bueno, cada vez O Páramo está mais descoidado, as estradas, as pistas, as fontes, e as suas aldeas cada vez con menos xente, alguna casi desierta, parecen aldeas fantasmas sin xente, descoidadas, con casas centenarias deixadas po los seus donos pra emigrar a outros sitios con mais posibilidades, e os poucos habitantes que quedan resisten na sua vellez. Xa casi non ves gando po los camiños, moitas terras están sin traballar, e o único vestigio de modernidade podese ver no noso monte, si no monte do Páramo, donde empresas portuguesas, non xente do Concello, empezan as obras de instalación dos muiños eólicos, pra aproveitar un dos nosos recursos naturales, e a miña pregunta e:
¿Que beneficios terá o Concello por a explotación da energía eólica e como repercutirá nos seus habitantes?