Aspirino do Páramo desde BCN

http://www.aspirino.tk ***************************** e-mail: aspirino68@yahoo.es **************************

domingo, octubre 08, 2006

Hermanamento

O pasado venres, ojeando o Progreso, vin unha nova sobre o hermanamento de Sarria con Sarriá en Barcelona e outras localidades do mesmo nome, e a festa na que se uniron en Sarria.
Este é un acto cultural extraordinario, co cal dáse a coñecer a vila de Sarria, os seus costumes, tradicións, festas, etc. a persoas doutros lugares. Xa sei que Sarria é un Concello grande, con industria, comercio, infraestructuras, e recursos económicos superiores a O Páramo, e as comparacións serian imposibles, pero con todo iso, dentro das nosas posibilidades, esta iniciativa de Sarria, é unha moi boa opción pra potenciar e dar a coñecerse ao resto de España e por que non a Europa e ao Mundo, porque igual que eu a través de internet vin a nova publicada nun diario galego, calquera habitante do planeta pode facelo e achegarse virtualmente ao noso Concello.
Pero preguntome se soamente eu reflexionei sobre isto, se os políticos de O Páramo non se pararon a pensar en posibilidades de potenciar o Concello e a súa riqueza ao exterior, ou é que O Páramo está huerfano e é fillo único. Pois non, nin está huerfano, porque aínda que sexa desde outros lugares hai xente interesada e que traballa por el, do mesmo xeito que tambien desde O Páramo hai xente que o fai, nin é fillo único, porque só fai falta buscar en internet e aparecen varias poboacións españolas (algunhas delas en Galicia) co nome de Páramo.
O que fai falta é que as persoas que están á fronte do Concello, tomen nota e apliquen iniciativas como esta, ou cren outras diferentes para que O Páramo creza e non quede no esquecemento, porque aínda que non dispoña dunha rede de internet acorde aos tempos que vivimos, grazas á rede, en calquera buscador podemos atopar cousas marabillosas de O Páramo, a súa historia, noticias, lugares para visitar, pero todo iso hai que potencialo, así que anímo desde aquí a todos a traballar por O Páramo, e á súa vez felicito a todos os que xa o fan.

viernes, octubre 06, 2006

El Alcalde de Ortigueira y Pocholo

El regidor pide perdón tras aparecer repartiendo billetes y bailando muiñeiras en la tele junto al díscolo de los Martínez-Bordiú ·· Pese al escándalo, Campo no dimitirá ·· Vea el vídeo de la polémica en Youtube