Entrevista do Progreso o Alcalde do Páramo
SARRIA
REXEDORES MUNICIPAIS
Gumersindo Rodríguez Liz é alcalde do Páramo dende 1983
GUMERSINDO RODRÍGUEZ LIZ Alcalde do Páramo
“Faremos o cambio
de capitalidade
para poñer as
cousas no seu sitio”
A. CASANOVA
REXEDORES MUNICIPAIS
Gumersindo Rodríguez Liz é alcalde do Páramo dende 1983
GUMERSINDO RODRÍGUEZ LIZ Alcalde do Páramo
“Faremos o cambio
de capitalidade
para poñer as
cousas no seu sitio”
A. CASANOVA
O rexedor agarda
que as obras do
edificio multiusos
rematen ó longo
do vindeiro ano
VILA
❚ O alcalde do Páramo, Gumersindo
Rodríguez Liz, considera
que o concello se atopa nun momento
decisivo, no que se están
“movendo as fichas” para definir
o seu futuro, con proxectos
coma o edificio multiusos, infraestructuras
coma o corredor
Sarria-Nadela e a variante do
tren da Pobra de San Xiao, e iniciativas
coma o cambio de capitalidade,
coa que se pretende
“poñer as cousas no seu sitio”.
—Está en construción o edificio
multiusos do campo da
feira, que albergará a casa
consistorial, centro de ocio...
¿Cando estará rematado?
—Vai moi avanzado. A empresa
traballa dende principios
de ano e ten intención de rematalo
ó longo do 2007. É unha vella
aspiración deste concello levar
a casa consistorial para onde
están todos os servizos públicos,
que é o campo da feira, hoxe
había que chamarlle Páramo
posto que alí creamos o núcleo
Páramo, capitalidade do concello
do mesmo nome. É un tema
moi delicado o cambio de capitalidade,
pero creo que no caso
do Páramo non vai ter ningunha
complicación porque a xente
está moi mentalizada de que debe
ir alí e non noutro sitio.
—¿Como é ese proceso de
cambio de capitalidade?
—No que era campo da feira
e algúns barrios do entorno, sen
borrar ningún nome, creamos o
núcleo Páramo. A delimitación
xa está feita e aprobada dende
hai moitos meses e agora estamos
co cambio de capitalidade
que é outro expediente, para que
en vez de Trebolle como vén figurando
dende hai moitos anos
sexa Páramo. O expediente está
moi avanzado, a ver se para a
inaguración do novo edificio temos
tamén o cambio de capitalidade.
Son cousas que non se
vén pero que son importantes
para poñer as cousas no seu sitio.
Agora que estamos movendo
fichas como a situación da
consistorial tamén é preciso que
se adapte no nomenclátor á realidade
que ocupa fisicamente.
—Precisamente o campo da
feira está sendo sometido a un
acondicionamento.
—É outro proxecto financiado
pola Deputación, un plan
Agader. Está bastante avanzado,
acábase de facer unha plantación
duns trinta carballos novos
e o proxecto leva consigo o saneamento,
soterrado de cableado,
mobiliario e alumeado. É
unha obra cun custo de cerca de
300.000 euros. Nestas datas vaise
sementar e para as vindeiras
Feiras de Primavera estará máis
bonito e con mobiliario.
—Moitos concellos están inmersos
no Plan Xeral de Ordenación
Municipal, ¿en qué
fase se atopa no Páramo?
—Está sen acabar, pero moi
avanzado xa. É un instrumento
de ordenación fundamental para
o desenvolvemento do concello,
para a posta en marcha do polígono
industrial, a construción
de vivendas sociais... Está previsto
a aprobación provisional
antes de final de ano e como paso
último para remitilo á Xunta
para evaluación definitiva. Nunca
tivemos normas subsidiarias
nin planeamento urbanístico; é a
primeira vez que O Páramo entra
a traballar neste tipo de cousas
tan necesarias e útiles para o
desenvolvemento futuro.
—Fala de vivendas sociais,
¿hai plan de construción?
—Hai feita unha solicitude
dende hai moito tempo. Estamos
pendentes de que se
constrúan porque é unha necesidade
contra a despoboación.
Irían na capitalidade, no núcleo
Páramo de nova creación. A
idea da empresa de Urbanismo
era ir poboando eses núcleos xa
construidos con casas espalladas
antes de entrar noutras, para
ir abrazando as vivendas que
puideron nacer dispersas.
—¿Como está o tema do
polígono industrial?
—Moi avanzado. En xuño do
2005 firmouse un convenio coa
Deputación para crear un polígono
de 200.000 metros cadrados
ó lado do corredor Nadela-
Sarria, en Moscán. O custo é de
5.520.000 euros, 720.000 para
compra de terreos e 4.800.000
para urbanizar. Trátase dunha
actuación moi importante e abre
perspectivas de crecemento.
—¿Cales son os seus proxectos
máis inmediatos?
—Estamos traballando moito
coas traídas de auga. Fixemos
moita captación de manantial e
está a punto de poñerse en marcha,
en canto nos repoñan os tubos
levantados polas obras do
corredor, a captación de auga do
río. Nese momento teremos plena
oferta do valioso líquido e o
75% das casas vai estar abastecido.
Nunca se cobrou un metro
cúbico de auga. É intención da
alcaldía, se non antes a principio
de ano, regular e poñer ó cobro,
para que na sequía do ano
que vén non pase o que está pasando
e non haxa abusos. Fixemos
o difícil, que é a captación
reforzada con esta no río, e agora
non imos deixar sen facer o
fácil, que é regular o servizo.
[ PERSPECTIVAS ]
“É unha sorte
que o corredor e
a variante pasen
polo concello”
—¿Como cre que afectará o
corredor Sarria-Nadela?
—En xeral de forma positiva.
A parroquia de Moscán ten
que sufrir un pouco a súa presenza
física, olvidándose duns
terreos, pero con todo isto non
estou dando unha chorada
senón un canto a esta infraestructura
importantísima.
—¿E a variante do tren?
—O vindeiro ano pasará
polas inmediacións a variante
e quedará aquí a estación de
tren que agora está na Pobra.
Son obras que dende sempre
foron dando vida por onde pasaron.
Co corredor, a variante,
o PXOM, o multiusos, as vivendas
sociais que virán
detrás... estamos trazando as
liñas mestras que definirán o
futuro Páramo e é unha sorte
que estas dúas vías de comunicación
pasen polo concello.
—¿Ten decidido se optará
á reelección no mes de maio?
—Sempre o resolvemos a
última hora. Non sei se me
presento porque aínda non se
falou nin a nivel de partido nin
a nivel municipal. Tampouco
se ha de deixar abandonado ás
vísperas das eleccións porque,
se non nos presentamos nós, é
unha responsabilidade deixar
encauzada a outra xente.
—A nivel persoal ¿está
animado a presentarse?
—O que faga falta, nunca
estiven na alcaldía por interés
persoal. Vinme como alcalde
da noite para a mañá e se me
presentara seguiría traballando
igual que o fixen ata agora.
O norte non vai cambiar.
PERFIL
✍ Gumersindo Rodríguez Liz naceu o 21 de
maio do 1951 na parroquia de Piñeiro, no concello
do Páramo. Está casado dende o ano 1976 e é
pai de tres fillos. Enfermeiro de profesión, asegura
que sempre levou a alcaldía “ós momentos
libres, porque nunca vivín dela”.
✍ Ocupa ese posto dende o ano 1983, cando
saíu elixido con 32 anos por Coalición Galega,
co apoio dun concelleiro do PSOE. Coa extinción
desta formación presentouse no ano 1991
polo PP. “Fun dos últimos alcaldes en deixar
Coalición Galega, custounos moito o cambio,
pero nunca nos pesou porque creo que fixemos o
mellor que podiamos facer para o concello”, di.
✍ Destaca do seu mandato o acondicionamento
do campo da feira, o arranxo de camiños “por
todas partes”, as obras de alumeado público e o
abastecemento de auga. As súas afeccións son a
música —“ahora xa non tanto polo problema de
xordeira”—, viaxar para coñecer outros lugares
e mesmo conducir, “cousas que non podo facer
moito porque non me queda tempo”, precisa.