Aspirino do Páramo desde BCN

http://www.aspirino.tk ***************************** e-mail: aspirino68@yahoo.es **************************

lunes, abril 23, 2007

A Web do Concello

Hoxe, pescudando na Web Oficial do Concello do Páramo (en maiusculas ainda que se aloxe nun dominio gratuito). Si como a miña web, ainda que eu non conto cos recursos nin acceso a subvencions por parte das institucions.
Pero bueno, o que vamos, atopei melloras, como unha presentación mais cuidada, no inicio da web, ainda que con menús pouco intuitivos, moi escondidos, e pouca información do que sucede a diario no Concello, nin referencias os proxectos a facer, solo unha o multiusos, nin referencias as novas en prensa, nin as eleccions que están preto a chegar, etc... Persoalmente dame a impresión de que e unha páxina web feita con ilusión e traballo, pero con poucos recursos, pode ser que os tempos obligaron a facela, porque hoye en día, todos os Concellos, Institucions, Empresas, Asociacions, etc.. teñen o seu recuncho en internet, pero nada que ver cas páxinas de outros Concellos, pero claro penso eu pode ser que como no Páramo o acceso a internet e limitadísimo tanto en puntos de acceso como en velocidade, os gestores da web pensaron que a velocidade de crecemento e actualización non ten que ser diaria, nin semanal nin mensual, cando se poda, actualizase e cando se poda xa medrará con novos contidos.
E as persoas que coma un servidor, desde a distancia queremos enterarnos das novas e de todo o que acontece no Páramo, temos que recurrir a outras páxinas e periódicos en internet pra estar o día, xa que o Concello tampouco conta conque desde a distancia tamén en calquer recuncho do mundo desde un ordenador, pda, teléfono movil, desde a casa, o traballo, un locutorio, todos poderíamos estar algo mais cerca, algo mais "conectados" o Concello do Páramo.