Aspirino do Páramo desde BCN

http://www.aspirino.tk ***************************** e-mail: aspirino68@yahoo.es **************************

martes, abril 24, 2007

Encontro de maiores ou electoralismo???

Como dixen no anterior artigo, visitei a web do Concello e chamoume a atención este bando do Sr. Alcalde, ainda que a foto que aparece nel non lle fai xustizia, pero bueno e unha apreciación persoal, paso a reproducir integro o bando que despois comentarei, e sacade as vosas propias conclusions.

12 ENCONTRO DE MAIORES DO CONCELLO DE O PARAMO 2007

DON GUMERSINDO A. RODRIGUEZ LIZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE O PARAMO (LUGO),
FAI SABER

Que o vindeiro 8 de Maio de 2007 vaise celebrar o 12 ENCONTRO DE PERSOAS MAIORES (3? idade) E PENSIONISTAS MENORES DE 65 ANOS deste municipio, CUNHA COMIDA DE CONFRATERNIDADE , no patio do colexio sito no campo da feira.
O PROGRAMA DO ACTO sera o seguinte:

- AS 13:00 HORAS - RECEPCION DE INVITADOS.- AS 13:30 HORAS - MISA SOLEMNE- AS 14:00 HORAS - ACTUACION MUSICAL- AS 14:30 HORAS - COMIDA- AS 17:00 HORAS - ACTUACION DUNHA GRAN ORQUESTA
As persoas interesadas en participar endito ENCONTRO, que sexan pensionistas ou mayores de 65 anos, deberan anotarse nas oficinas do Concello provisto do DNI ou da cartilla de pensionista, antes do dia 4 de Maio de 2007.
Para mais informacion o respecto poden chamar as oficinas do Concello onde se lles dara cumprida informacion o respecto.
PARAMO, 20 DE ABRIL DE 2007
O ALCALDE,
GUMERSINDO RODRIGUEZ LIZ

NOTA: HABERA SERVIZO DE AUTOCARES POLAS PARROQUIAS

Esto e o que lles gusta os nosos maiores, ir en autocar de paseo e se temos comeretada, mellor, por eso xa son famosas as "comeretadas do Alcalde".

E que non se dan conta que non e o Alcalde quen o paga?, Si, si que se dan conta, pero bueno xa que e de balde..., pero non de balde nada, hoxe en día naide da nada gratis, cos nosos impostos e co que se mantén o Alcalde, o Concello, os traballadores do Concello e as obras a facer,etc, pero bueno todo eso aderezado cas respectivas subvencions ou axudas das institucions (Xunta, Diputación, etc.).

Pero bueno e significativo que preto das eleccions o Concello e o seu Alcalde como representante organice un evento así con cargo os presupostos públicos, e que o señor Manuel e a señora María teñan que acreditarse co DNI ou carné de pensionista pra asistir e así controlar os posibles votantes con nome e apellidos.

O acto en si está ben , unha xuntanza dos nosos maiores, como fan moitos pobos do noso pais, pero por favor, un poco de xeito, non fagamos del un acto partidista e electoralista pagado por os mismos asistentes o evento, este mismo acto feito en outro momento, creo que sería mais axeitado. E non olvidemos os nosos maiores, non pense Sr. Alcalde que cun viaxe en autocar e un xantar xa os temos contentos, hoxe os nosos maiores temos que contentalos cada día, con accions diarias, donde están eses abós o resto do ano, donde pasan as tardes de inverno, tras das cociñas, e diante do televisor, por non ter un local social, eso e o que queren os nosos maiores, que miremos por eles cada día, non cando a nosoutros nos interesa, porque hay que pensar que todos chegaremos a vellos, e uns antes e outros despois, poderemos disfrutar do que fagamos por eles, e ver como os nosos pais, abós e familiares disfrutan de esa terceira edade con dignidade, porque teñeno ben merecido.

lunes, abril 23, 2007

A Web do Concello

Hoxe, pescudando na Web Oficial do Concello do Páramo (en maiusculas ainda que se aloxe nun dominio gratuito). Si como a miña web, ainda que eu non conto cos recursos nin acceso a subvencions por parte das institucions.
Pero bueno, o que vamos, atopei melloras, como unha presentación mais cuidada, no inicio da web, ainda que con menús pouco intuitivos, moi escondidos, e pouca información do que sucede a diario no Concello, nin referencias os proxectos a facer, solo unha o multiusos, nin referencias as novas en prensa, nin as eleccions que están preto a chegar, etc... Persoalmente dame a impresión de que e unha páxina web feita con ilusión e traballo, pero con poucos recursos, pode ser que os tempos obligaron a facela, porque hoye en día, todos os Concellos, Institucions, Empresas, Asociacions, etc.. teñen o seu recuncho en internet, pero nada que ver cas páxinas de outros Concellos, pero claro penso eu pode ser que como no Páramo o acceso a internet e limitadísimo tanto en puntos de acceso como en velocidade, os gestores da web pensaron que a velocidade de crecemento e actualización non ten que ser diaria, nin semanal nin mensual, cando se poda, actualizase e cando se poda xa medrará con novos contidos.
E as persoas que coma un servidor, desde a distancia queremos enterarnos das novas e de todo o que acontece no Páramo, temos que recurrir a outras páxinas e periódicos en internet pra estar o día, xa que o Concello tampouco conta conque desde a distancia tamén en calquer recuncho do mundo desde un ordenador, pda, teléfono movil, desde a casa, o traballo, un locutorio, todos poderíamos estar algo mais cerca, algo mais "conectados" o Concello do Páramo.