O noso Alcalde e as suas "Festas"
De novo pescudando na web do concello, atopei información interesante, non a que queria ver, que eran as últimas actas dos plenos do Concello, pero bueno atopei o último bando do noso recién reeeelexido Alcalde, no que resumindo invita, a xuventude a unha festa, o vindeiro 13 de Xullo no campo da feira, con comida, gran orquesta, un Dj e a festa da espuma, pero pra gozar de todo elo, hay que cumplir dous requisitos imprescindibles, apuntarse no Concello antes do día 9 e estar empadronado no Concello. Lástima, eu atopei a invitación hoxe e como e lóxico o dia 9 xa pasou e non me puden apuntar nin empadronar.
Que ocurre que os inmigrantes do Concello teñen que mirar desde lonxe como se divirten o resto da xuventude, por favor Sr. Alcalde que xa ten unha edade pra reflexionar, aunque pensando ben, po lo menos agardou a que pasaran as eleccions pra non condicionar a xuventude como fixo cos nosos maiores. Parece mentira que nos tempos que estamos, desde unha institución fagan distincions, po lo solo feito do empadronamiento, non señor mio, o contrario, o que hay que facer e atraer a xente sin distincions, tanto dereito teñen os fillos dos habitantes do Páramo, como o resto de habitantes itinerantes que pasan algún tempo no Concello, e que por traballo, circunstancias persoales ou familiares, non están empadroados, pero independientemente de eso, pagan os impostos correspondientes a ese Concello, do cual ustede e o legítimo representante democrático.
Faga que a xuventde non marche do Concello nin teña que ver como o seu Alcalde os diferencia como empadroados (e posibles votantes) ou non empadroados, e que miran o que ocurre nas festas desde a veira, e sen participar, pero colaborando relixiosamente cos seus impostos a manter as contas do Concello do Páramo.
Na próxima festa que faga, espero non estar excluido, nin por non apuntarme, nin por cuestions de empadronamiento, nin por a edade, porque claro e unha festa pra xuventude pero xa non sei que considera ustede xuventude, desde a 1 ano hasta......cando Sr. Alcalde????
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home