Aspirino do Páramo desde BCN

http://www.aspirino.tk ***************************** e-mail: aspirino68@yahoo.es **************************

domingo, enero 10, 2010

Nova entrevista o Alcalde do Páramo

Gracias a sección Os Alcaldes de Lugo de El Progreso, podemos leer esta entrevista o Alcalde de O Páramo.

Pincha no enlace pra leer a entrevista. http://elprogreso.galiciae.com/nova/elprogreso.galiciae.com/nova/45346.html

Despois de leer con atención a entrevista dinme conta de que todo ou casi todo o contido de esa entrevista xa me sonaba de algo e claro, refrescando a memoria e gracias as novas tecnoloxias, recordei que fai tempo El Progreso xa publicara outra entrevista, e as respostas, e proxectos do noso Alcalde eran casi as mesmas, se queredes leer a entrevista de Novembro do 2006, está publicada neste blog.

A pimeira sorpresa que levei foi lembrar que xa son preto de 23 anos o frente da alcaldia, e hai que recoñecer que e todo un logro, e que cando unha persoa está tanto tempo nun cargo, e porque o pobo confiou nel repetidas veces, e claro, 23 anos dan moito de si, e claro agora entendo o que din os paisanos do Páramo (Iste Alcalde si que fixo ben cousas no Páramo), claro que fixo pero e que si en istes anos non fixera nada, non seguiría gañando as eleccions.

Teño que recoñecer que si que fixo moitas cousas, e moitas delas axeitadas e necesarias, que O Páramo mellorou, nas suas carreteras, nos accesos os pobos, nas señalizacions, na creación do colexio público, no centro médico, e moitas outras cousas.

Pero tamén faltan cousas primordiales, porque todo iso que se fai e pra os habitantes de O Páramo, e cada vez a poboación do no so Concello e mais maior, e todos marchan por falta de oportunidades e traballo.

Parece que tras anos de retraso o Multiusos comenzará a funcionar, pero segun as entrevistas xa tiña que estar rematado no 2007, e agora non queda claro se terá acceso a internet, ou teremos que sair fora do Concello pra ter una biblioteca con ordenadores como necesitan os nosos estudiantes. Tamén di o Alcalde que se mellorou a rede de telefonía mobil, invito o noso alcalde que intente conectar un mobil de nova generación con acceso a internet, e que probe de acceder a web do seu Concello. A TDT non se ve en varios pobos, e en outros con mala calidade, e gracias que temos o repetidor no noso Concello.

Gustoume a iniciativa de facer vivendas sociais, pero por favor, hay que facelas antes de que non teñamos xente pra que as ocupe, como pasou ca "Casa do Médico".

E o que riza o rizo e a Piscina, señor Alcalde, que ainda que hasta de agora o suministro de Auga e gratis, non chega, no vrao non hay bastante. A piscina estaría moi ben, ainda que témola moi preto en Portomarín, fagamos algo novo, necesario, que otros concellos poidan disfrutar tamén porque non o teñan, pero despois de ter moitas cousiñas que os Parameses necesitan, e que serían moito menos costosas que unha obra desa embergadura, como exemplo, un centro pra que os nosos maiores se reunan nesas tardes frias de inverno, unha recollida de lixo diaria, e tendo en conta o reciclaxe, apoio as empresas e as iniciativas de progreso, a cultura, fomentar o turismo, organizar actividades pra que toda a xente teña un motivo pra vir o concello, pra quedarse, pra non marchar, pra ir de vacacions, pra ir de caza, de pesca, de senderismo, pra coñecer a sua xente, a sua historia.

E convido o noso Alcalde a pescudar na rede de Internet e ver o que hay mais lonxe do concello, xente que ama Galicia, emigrantes en todos os recunchos do mundo, unidos por un sentimento común, o amor a Nosa Terra, encontrandose, falando, cambiando impresions, proxectos, fotos, e esteña ben seguro que no Páramo tamén temos xente coma esa, e moita.

O PÁRAMO EN FACEBOOK
http://www.facebook.com/home.php#/group.php?gid=161436359998&ref=ts

GALICIA EN FACEBOOK
http://www.facebook.com/group.php?gid=238459885222&ref=share
HISTORIAS DE SARRIA
http://www.facebook.com/group.php?gid=238459885222&ref=share#/group.php?gid=205772606371&ref=ts